Teléfono: +34604073177 | Correo : mtc@fatimariveiro.es | Covid
Cómo tratamos
Cómo tratamos
No noso centro tratamos de mellorar a saúde das persoas desde unha perspectiva holística e respectuosa co individuo e a súa contorna, onde cada caso exponse, analiza e trata individualmente, optimizando a súa calidade de vida mediante un sistema médico en uso durante miles de anos e avalada pola Organización Mundial da Saúde (OMS): a Medicina Tradicional Chinesa (MTC).
A medicina chinesa é unha medicina holística xa que entende que non existen enfermidades, senón enfermos, ten en consideración non só o que sucede no órgano afectado, senón tamén o que sucede en todo o organismo, a maneira de manifestarse, como responde as influencias externas e aos estímulos da contorna, conseguindo un desbloqueo interno que se reflicte na nosa saúde, reducindo a dor e conseguindo unha maior achega de enerxía para o noso día a día.
As técnicas de tratamento que se realizan no centro son todas aquelas que engloban a MTC: acupuntura, tuina e fitoterapia, que se aplican segundo a patoloxía do enfermo. Outras técnicas son as ventosas, a moxibustión, a auriculoterapia, o láser, … Unha das principais características destes tratamentos, á parte da súa efectividade, é que carecen de efectos secundarios, tan frecuentes nos fármacos convencionais.