Para vostede:

  • Antes de reservar ou acudir a unha cita asegúrese de non ter febre, síntomas asociados con Covid-19, telos nos últimos 14 días ou estar en contacto próximo con algunha persoa positiva ou con síntomas (tose, problemas respiratorios, perda olfacto/gusto, febre).

(Nota: Se está no grupo de risco ou convive con persoas do grupo de risco, por favor póñase en contacto por teléfono ou email antes de reservar a súa cita para poder valorar ben o seu caso.)

  • Antes do día da cita poñerémonos en contacto con vostede por teléfono, telegram ou whatsapp para lembrarlle o día e a hora da súa consulta e aclarar todas as dúbidas.
  • O día da cita chegue á hora concertada. Evitarase o uso da sala de espera na medida do posible.
  • Acuda á consulta sen acompañantes, a non ser que a súa situación de dependencia o requira.
  • Á súa chegada deberá lavar as mans con hidroxel que atopará na entrada (mesmo se leva luvas) e tamén desinfectará os seus zapatos nunha alfombra desinfectante.

(Nota: Considere traer o menor número de obxectos persoais. Deixe na casa pulseiras, colares, etc.)

  • Será obrigatorio o uso de máscara (para vostede e para nós). Por favor, traia a súa (é suficiente cunha cirúrxica).
  • O uso do baño estará restrinxido. Soamente usarase no caso de que sexa estritamente necesario. Despois do seu uso procederemos á súa desinfección.

 

Para tod@s:

  • Evitaremos tratar a dúas citas consecutivas na mesma sala, para ter tempo de hixienizar o espazo e que se renove o aire.
  • Extremaremos as medidas de hixiene, coa desinfección diaria e entre persoas, de superficies, pomos, equipos terapéuticos, etc.; uso de material refugable ou lavando a temperatura superior a 60º das toallas ou sabas (que sempre se cambian entre persoas).

 

Seguiremos aplicando calquera nova medida ou recomendación que sexa necesaria, segundo vaia evolucionando a situación.