Teléfono +34604073177 | Correo : mtc@fatimariveiro.es | Covid
Evidencia científica
Evidencias científicas sobre a eficacia do tratamento con Medicina Chinesa e Acupuntura
Evidencias científicas sobre a eficacia do tratamento con Medicina Chinesa e Acupuntura
Últimamente estanse a publicar máis evidencias científicas sobre a eficacia do tratamento con Medicina Chinesa e Acupuntura de diversas enfermidades.
Actualmente atopámonolas en múltiples revistas científicas internacionais no mundo, ás que adoitamos recorrer para as nosas investigacións como profesionais ou simplemente como método de consulta. Destacamos as principais revistas en idioma español e tamén as máis relevantes dispoñibles noutros idiomas:
A Sociedade de Acupuntura Médica de España ( SAME) no seu afán de poñer luz en tanto escurantismo e negación sobre a falta de evidencias neste terreo, impulsou a creación do Grupo de Evidencia en Acupuntura. Con este grupo preténdese mostrar ás institucións, aos profesionais da saúde e á sociedade do noso país, as mellores indicacións médicas, as máis seguras e eficaces.
Este grupo de traballo está constituído por un equipo de doutores, investigadores e profesores universitarios de recoñecido prestixio que, de maneira totalmente altruísta, recompilaron un documento para mostrar o que é evidente, e afastar a acupuntura do tortuoso concepto de pseudociencia.
Documento elaborado polo Grupo de Traballo en Evidencia da SAME
Nel atópase un resumo das indicacións médicas da acupuntura con maior nivel de evidencia científica existente ata novembro de 2018. Non se puido realizar unha revisión sistemática de todos os ensaios clínicos controlados aleatorizados ( ECA) debido ao alcance e extensión limitada do documento. Só incluíronse revisións sistemáticas ( RS), metaanálises ( MA) e “overviews” ( OV).
Tamén se recollen as principais Guías de Práctica Clínica a nivel mundial que inclúen a acupuntura como indicación para diversos problemas médicos. Todo vai acompañado das correspondentes referencias bibliográficas para que o lector poida consultalas con máis detemento se así o desexa.
Aquí tédelo para descargar:
http://www.scacb.cat/docs/articles/sintesis_evidencia_cientifica.pdf