Medicina tradicional chinesa

A Medicina Tradicional Chinesa ( MTC) é un sistema de preservar e recobrar a saúde baseado en traballar sobre o equilibrio e a harmonía no funcionamento do organismo. Aclarar que para a MTC a saúde é basicamente un estado de consonancia, benestar e adaptabilidade. Tenta ante todo preservala, pero se esta se perde ou degrada, a MTC procede cunhas directrices claras:
- Descubrindo o patrón concreto da desharmonía -
- Devolvendo ao paciente ao seu estado de equilibrio natural -

Teoría das Cinco Fases ou Wu Xing (五行)

Descobre como nos axudamos deste modelo teórico milenario para realizar unha diagnose

madeira

Corresponde a FÍGADO.

Funcións de Despregamento e de Regular a Pasaxe. Estabiliza o estado psicoemocional, regula a enerxía ( Qi) e almacena o Sangue ( Xue)

lume

Corresponde a CORAZÓN.

O Qi de Corazón ten natureza de elevar e propulsar Qi e Xue para quentar e nutrir todo o corpo.

terra

Corresponde a BAZO.

Ten efecto de Producir. Función de transportar e transformar a esencia para nutrir as Cinco Vísceras e as Seis Entrañas. Orixe da produción e transporte do Sangue.

metal

Corresponde a PULMÓN.

Función de Purificación. O Qi de Pulmón limpa e descende

auga

Corresponde a RIÑON.

Funcións de hidratar e transportar. Almacena a Esencia e controla a auga

Terapias

Coñece as nosas terapias e aprende máis sobre a medicina tradicional chinesa