Teléfono +34604073177 | Correo : mtc@fatimariveiro.es | Covid
Medicina tradicional chinesa
A Medicina Tradicional Chinesa ( MTC) é un sistema de preservar e recobrar a saúde baseado en traballar sobre o equilibrio e a harmonía no funcionamento do organismo. Aclarar que para a MTC a saúde é basicamente un estado de consonancia, benestar e adaptabilidade. Tenta ante todo preservala, pero se esta se perde ou degrada, a MTC procede cunhas directrices claras:
- Descubrindo o patrón concreto da desharmonía -
- Devolvendo ao paciente ao seu estado de equilibrio natural -
Teoría das Cinco Fases ou Wu Xing (五行)
Descobre como nos axudamos deste modelo teórico milenario para realizar unha diagnose
Terapias
Coñece as nosas terapias e aprende máis sobre a medicina tradicional chinesa
Acupuntura
A terapia con acupuntura utiliza finas agullas que, introducidas na pel, xeralmente a través de puntos preestablecidos, regulan e activan o fluxo de enerxía ( Qi) e sangue ( Xue) de todo o organismo.
Moxibustión
Prevén e trata desequilibrios aplicando calor a través da combustión de conos elaborados coa planta Artemisa.
Electroacupuntura
Técnica terapéutica que aplica o uso da electroterapia ás agullas inseridas de acupuntura. O obxectivo xeral é o de reforzar a estimulación dos puntos e meridianos de acupuntura e producir efecto analxésico.
Ventosas
Actúan estimulando a pel e os tecidos subcutáneos para activar a circulación de Qi e Xue nos meridianos, teñen acción analxésica e eliminan os factores patóxenos.
Laserpuntura
Sistema innovador de acupuntura mediante láser, que se utiliza para tratar diversas condicións SEN DOR NIN EFECTOS ADVERSOS. Este novo método de estimulación provén do uso de “ Laser de baixa potencia” o cal substitúe as agullas tradicionais para influenciar o fluxo da enerxía nos puntos de acupuntura.
Microsistemas
Representan as proxeccións de todo o organismo nunha pequena parte del. É aquí onde queremos facer énfase, dando a coñecer os diferentes microsistemas con que conta o organismo e a súa importancia desde o punto de vista diagnóstico e terapéutico.